O Concello de Fisterra, en colaboración coa "Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción"(APECCO), e a Fundación Laboral da Construcción, organiza para o ano 2010 os seguintes cursos de prevención de riscos laborales (PRL):
-PRL operadores de vehículos e maquinaria de movemento de terras (20h). 25 de setembro, 2,16 e 23 de outubro.
-PRL albanelería (20h). 30 de outubro, 6, 13 e 20 de novembro.
A realización destes cursos leva aparellada a obtención da Tarxeta Profesional da Construcción (TPC).
O número máximo de alumnos/as é de 25 e a admisión será por riguroso orde de inscrición.
Resérvase un cupo para as persoas desempregadas que teñán interese en asistir.
Información: oficina do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra, de 9:00 a 14:00h.
Aberto o prazo de inscrición como voluntario para o programa Voluntariado Xacobeo 2010.
Anótate chamándo ao teléfono solidario 900 400 800 ou a través da web.
Se desexas coñecer o contido do programa preme neste enlace.
A Universidade de Santiago de Compostela concede 4 créditos de libre configuración por participar no Programa de Voluntariado Xacobeo 2010.
Máis información no Albergue de Peregrinos de Fisterra ou a través da correo electrónico voluntariadofisterra@hotmail.com
O Ministerio de Defensa a través da súa páxina web www.soldados.com proporciona os xoves comprendidos entre os 18 e os 32 anos de idade, dependendo da titulación académica que posúan, unha canle axeitada de información permanente e actualizada sobre as ofertas de emprego nas Forzas Armadas.
O Concello de Fisterra acaba de realizar un inventario e estudo técnico sobre a Rede Natura 2000 que abarca toda a superficie do Concello.
Pódese visualizar o documento completo en PDF a través do seguinte enlace: