Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Portal de transparencia


Aprobación Inicial padrón fiscal taxa recollida de residuos sólidos urbanos 2017

Aprobado Inicialmente o padrón fiscal da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos referido ó ano 2017 mediante acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 15 de decembro de 2016, exponse ó público a efectos de reclamacións por espazo dun MES, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia do día 23 de decembro de 2016.Este anuncio ten carácter de notificación colectiva tal e como se establece no artigo 124.3 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria. 

Descargar

Bando cumprimento do horario de terrazas

Bando municipal para o cumprimento do horario de terrazas do 12 de agosto de 2015

Descargar

Bando exposición ao público do Censo Electoral

Queda exposto ao público, nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00, o Censo Electoral durante o período comprendido entre o día 9 ao 16 de maio de 2016 (ambos inclusive) para a Convocatoria de Eleccións ao Congreso dos Deputados e Senado, que se celebrarán o día 26/06/2016

Descargar

Lista admitidos e excluídos contratación temportal Técnicos de Turismo

Lista provisional de admitidos e excluídos para a contratación temporal de dous Técnicos en Turismo do 15 de xuño ao 15 de setembro de 2016 subvencionada pola Axencia da Dirección de Turismo da Xunta de Galicia

Descargar

Anuncio para a selección de dúas prazas de Técnicos de Información Turística

O Concello de Fisterra convoca a selección de dúas prazas de Técnicos de Información Turística con contrato laboral determinada dende o día 15 de xuño ó 15 de setembro de 2016.

Descargar

Anuncio I Feira na rúa destinada ós artesáns

A Concellería de Feiras e Mercados xunto coa Concellería de Cultura do Concello de Fisterra fai pública a convocatoria destinada a todos os ámbitos da I Feira na rúa  no municipio de Fisterra. 

Descargar

Bando Inspección Técnica de vehículos agrícolas

A Unidade Móbil 3 da empresa Supervisión y Control S.A. para a Inspección Técnica de vehículos agrícolas estará en fisterra o 6 de abril de 2016

Descargar

Xornada informativa sobre as axudas do programa Leader Galicia 2007-2013

[Martes, 9 de febreiro de 2010, ás 20.00h no salón de actos do Concello  ]Dirixida a persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, entidades públicas locais ou comarcais, comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades. 

Descargar

Compartir: