Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Aula de informática


Normas

ANTES DE FACER ALGO QUE NON SABE OU SE O PRECISA PREGUNTE AO RESPONSABLE DA AULA.

GARDE SILENCIO, POR FAVOR

ESTÁ PROHIBIDO

  1. Cambiar a configuración dos equipos e tamén instalar xogos ou programas sen a supervisión do responsable da aula.
  2. Os menores de 18 anos no poderán entrar en programas de chats.
  3. O uso de xogos só está permitido aos menores de 13 anos e por tempo limitado.
  4. Non se pode acceder a páxinas de contido violento ou pornográfico.
  5. Non se pode imprimir sen antes pedir permiso.
  6. Non se pode traer comida á aula, nin ter líquidos preto dos equipos, polo risco que supón que se derramen sobre os mesmos.
  7. Non deixe o móvil nin imáns preto dos ordenadores.
  8. Non apague os equipos.


É convinte que se rexistre como usuario da Aula de Informática e obteña o seu carnet da mesma.

 

* NOTA: O tempo de uso dos ordenadores pódese limitar a 30 minutos en caso de saturación de usuarios.

SE ALGUNHA DESTAS NORMAS NON SE CUMPRE, PÓDESE SANCIONAR Á PERSOA PROHIBÍNDOLLE O ACCESO Á AULA DURANTE O TEMPO QUE SE ESTIME OPORTUNO

Compartir: