Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ELIXE O TEU OBRADOIRO

17-11-2009

O Concello de Fisterra organiza os seguintes talleres e obradoiros para nenos e maiores:

-Taller de plástica: Para nen@s de 5 a 16 anos onde crearán entre outras moitas cousas unha mascota para o Concello.

Prezo total do taller: 10 euros como axuda para o material.

Inscrición: Antes de 2 de decembro no departamento de Cultura do Concello.

Comenzo: 4 de decembro.

-Taller de photoshop: Dirixido a nen@s de 7 a 16 anos que queiran aprender técnicas de edición, retoque e tratamento de fotografías e impresión.

Prezo total do taller: 10 euros como axuda para o material.

Inscrición: Antes do 2 de decembro no departamento de Cultura do Concello.

Comenzo: 5 de decembro.

-Obradoiro de nadal: Dirixido a mulleres e homes maiores de 18 anos e consistirá na elaboración dun centro de mesa de flores secas de nadal e un tapete de tea pintado a man.

Inscrición: Antes do 10 de decembro no departamento de Cultura do Concello.

Duración: 11 e 18 de decembro en 2 sesións de 2 horas cada unha.
Compartir:

Novas por anos: