Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES CONCURSO DE COMPARSAS

04-02-2011

O Departamento de Cultura do Concello de Fisterra informa que xa está aberto o prazo de inscrición ao Concurso de Comparsas do Entroido fisterrán que se celebrará o vindeiro martes, 8 de marzo, ás 18:00h. na praza da Constitución.

.PREMIOS:
1º PREMIO……….1.500,00€
2º PREMIO………..1.200,00€
3º PREMIO………..900,00€

O resto das comparsas participantes que non obteñan ningún premio recibirán unha axuda económica de 300€.

.Os aspectos a punturar serán:
-PRESENTACIÓN (disfraces,maquillaxe,...)
-CALIDADE ARTÍSTICA (música, posta en escena, organización)
-CONTIDO DAS CANCIÓNS OU LETRAS

.A puntuación será do 1 ao 10 por cada aspecto. A suma dos puntos obtidos outorgará a clasificación pertinente.

.o ditame do xurado será inapelable.

.Establécese a condición na que as comparsas anotadas están na obriga de participar no desfile que se celebrará o sábado día 5 de marzo.

.O tempo de actuación non sobrepasará os 30 minutos.

.O número de participantes en cada comparsa será como mínimo de 15 persoas, sendo o representante da mesma maior de idade.

INSCRICIÓN: Nas oficinas do Concello de Fisterra en horario de 08:30 a 14:30h antes do 25 de febreiro.
Compartir:

Novas por anos: