Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CONVOCATORIA CURSOS CELGA

12-01-2012

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Orde do 4 de xaneiro de 2012 publicou o anuncio de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios para probas de distintos niveis.

O Concello de Fisterra, a través do Servizo de Normalización Lingüística vai solicitar dous cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis:

-Celga 1
-Celga 3

Os cursos teñen unha duración de 70 horas lectivas.
As persoas interesadas deberán formular a súa inscrición nas oficinas municipais ou ben chamando ao teléfono 981740001. O prazo remata o 26 de xaneiro de 2012.

Compartir:

Novas por anos: