Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CHARLA: O CULTIVO DO CASTIÑEIRO

12-01-2017

O Concello de Fisterra, a través da Concellaría de Medio Rural, organiza unha charla formativa e informativa sobre o cultivo do castiñeiro para o vindeiro mércores, 18 de xaneiro, ás 18:00h no salón de sesións do Concello.

Contido:

  • Onde plantar castiñeiros
  • Variedades interesantes para esta zona
  • Coidados e cultivo
  • Poda
  • Outros coidados
  • Producións: froito, madeira, cogomelos
  • Custos e rendementos económicos da explotación
  • Axudas da Consellería (plans de mellora das explotacións, primeiras instalacións)
  • Outras dúbidas en xeral

Imparte: Dositeo Toba Quintáns, Técnico da OAC de Corcubión.

Compartir:

Novas por anos: