Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017

12-01-2017

O Concello de Fisterra participa un ano máis no programa de esquí organizado pola Deputación Provincial da Coruña neste ano 2017, dirixido a nenos/as nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006.

Desde a Deputación foron adxudicadas 3 prazas para participar na 3ª quenda do programa que corresponde aos días 12/03/2017 ao 17/03/2017. Como novidade importante, terán preferencia aqueles/as nenos/as que non foran a ningunha outra campaña da neve da Deputación.

O prazo de preinscrición rematará o luns 23 de xaneiro ás 13:00h e poderase facer na oficina de Deportes Municipal de Fisterra.

Inscrición e información: Na oficina de deportes do Concello de Fisterra ou no tlf.:981740001

Descargas

Compartir:

Novas por anos: