Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2017

24-05-2017

A Deputación da Coruña organiza unha serie de campamentos deportivos durante o verán (dende o 19 de agosto ó 1 de setembro) no Centro Residencial Docente de Culleredo.

Destinado a: Rapaces/zas de entre 9 a 14 anos, ambas idades incluidas, cumpridos no presente ano 2017, residentes en calquera municipio da provincia.

Prazo límite de inscrición: 17 de xuño de 2017

Inscrición: Departamento de Deportes do Concello de Fisterra.

Amplo programa de actividades: Actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, así como a práctica doutras actividades culturais e deportivas.

Quendas:

1ª Quenda: do 19 ao 25 de agosto.

2ª Quenda: do 26 de agosto ao 1 de setembro (Rapaces/zas do Concello de Fisterra)

Máis información: Departamento de Deportes do Concello de Fisterra ou en https://www.dacoruna.gal/deportes/campamentos-deportivos

Descargas

Compartir:

Novas por anos: