Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


SEMANA SANTA 2018

30-01-2018

Os actos relixiosos para celebrar a Semana Santa de Fisterra son os seguintes:

-Venres,23 de marzo (Venres de Dolores):
Ás 20:00h. Misa solemne cantada polo coro "Nosa Sra. das Areas".
A continuación, Procesión da Nosa Señora das Dolores acompañada pola "Banda Municipal de Cee".

-Sábado, 24 de marzo (Peregrinación ó Santísimo Cristo de Fisterra):
Salida dende a parada de autobuses de Fisterra ás 16:00h. Salida da igrexa de Cee ás 16:30h.
Ás 20:00h. misa solemne na igrexa Parroquial de Santa María das Areas de Fisterra.
(Anotarse no Concello ou comunicarllo a algún membro da Xunta de Confrarías).

-Domingo, 25 de marzo(Domingo de Ramos): 
Ás 11:15h. Bendición de Ramos na Capela do Bo Suceso. A continuación, procesión da entrada triunfal de Xesús a Xerusalén ata a igrexa de Santa María das Areas acompañada pola "Banda de Música Arca-O Pino". Unha vez alí dará comenzo a Santa Misa, cantada polo coro "Nosa Sra. do Carme".


-Xoves, 29 de marzo(Xoves Santo):
Ás 20:00h na Igrexa parroquial, representación da última Cea seguida do tradicional Lavatorio de pés.
A continuación, no recinto do adro, Oración do Horto e Prendemento de Cristo, o que sigue a Procesión do Paso da Oración del Horto acompañada pola Banda "Desiderio Paz".

-Venres, 30 de marzol(Venres Santo):
Ás 11:30h. terá o seu inicio na praza de Santa Catalina, o Vía Crucis seguido na praza da Constitución do Santo Encontro, onde se continuará ata a Igrexa acompañados pola "Banda de Santa Cruz de Rivadulla".
Ás 20:00h. Liturxía do día e acto do Desenclavo de Xesús na igrexa de Santa María das Areas onde culminará o día coa Procesión do Santo Enterro acompañada polas bandas "Arca-O Pino, Santa Cruz de Rivadulla e Desiderio Paz de Fisterra"

Sábado, 31 de marzo(Sábado Santo):
Ás 21:00h Vixilia Pascual na Igrexa parroquial. 

Domingo, 1 de abril(Domingo de Resurreción):
Ás 12:00h representación da Resurreción do Señor no campo da Igrexa Parroquial.
Acompañará os actos a "Banda Municipal de Cee".
Misas ás 8:00h, 9:00h e 10:00h.

Luns, 2 de abril (luns de Pascua):
Ás 12:00h Misa solemne polos devotos do Santo Cristo, cantada polo coro de "Nosa Sra. das Areas".

Descargas

Compartir:

Novas por anos: