Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


O Concello


Saúdo da alcaldía

Como Alcalde do Concello de Fisterra quero darlles a benvida ao noso portal web. Queremos que sexa unha porta de acceso ao noso municipio e a nosa administración local.

Nesta web, vostede atopará toda a información sobre os principais trámites que poderá realizar e mesmo baixar os impresos máis habituais. Tamén estará ao tanto das convocatorias de emprego, cursos ou calquera tipo de actividade organizada polo Concello.

Igualmente, e sempre baixo un compromiso de transparencia, poderá coñecer de primeira man a documentación oficial da xestión administrativa do noso goberno local como son: actas, proxectos, convenios, contratacións, adxudicacións, ou incluso as sesión plenarias.

Terá a facilidade de dirixir as súas queixas e suxestións ao propio Concello as cales recibiremos co obxectivo de mellorar e ofrecer un servizo óptimo.

Queremos aproveitar as novas tecnoloxías para facer que o noso Concello sexa mais accesible a todos.

Queremos que este portal sexa unha primeira aproximación a nosa vila e ao noso entorno, e unha invitación a visitarnos e disfrutar dunha bonita experiencia nun lugar único.

 

Moitas grazas

José Marcote Suárez

Alcalde-Presidente do Concello de Fisterra

Compartir: