Portal de Turismo do Concello de Fisterra


Fisterra


Ara Solis

Conta a tradición que os romanos encontraron no lugar un altar ao sol (Ara Solis) construído aí polos fenicios e que o Apóstolo Santiago mandaría destruír pouco despois.

A memoria deste altar aínda perdura nas lendas fisterranas e no nome da praza máis típica da antiga vila. Tamén se di que o cáliz e a hostia do escudo de Galicia, representación do Santo Grial, procede dunha cristianización do altar pagán, no que o cáliz simbolizaría o horizonte do mar, e a hostia, o sol no seu ocaso. Unha rocha en forma de mesa cadrada metida uns metros no mar, na punta do cabo, recibe tamén o nome de Ara Solis, tal vez polo seu parecido coa mesa dun altar.

Compartir: