Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CURSO: CREACIÓN DE VIDEOXOGOS

29-09-2011

A aula CeMIT de Fisterra en colaboración coa Xunta de Galicia levará a cabo o curso denominado "Creación de Videoxogos", no que aínda quedan libres 4 prazas. Para inscribirse é necesario coñecementos de informática. A modalidade do curso é presencial e impartido a través de videoconferencia.

A través desta actividade ofrécese unha aproximación ao mundo dos videoxogos, analizando as distintas fases presentes na creación dos mesmos. A data de realización é do 3 ao 6 de outubro, de 16:30h a 19:00h. (8 horas de traballo presencial e 22 horas de traballo on-line) e o finalizar a actividade acreditarase cun diploma.

Tamén está aberto o prazo para a inscrición no curso "Creación de webs para dispositivos móbiles" que terá lugar no mes de outubro(30 horas, data por determinar), e "Streaming de vídeo e audio",previsto para o mes de novembro(30 horas, data por determinar)

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: No teléfono 673081740 ou no 981740001 ext.2069
Compartir:

Novas por anos: