Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ACTIVIDADES DEPORTIVAS NADAL 2011

19-12-2011

O Departamento de Deportes do Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades durante este Nadal:

-Martes, 27 de decembro: SAÍDA PISTA DE XEO(A CORUÑA)
Destinatarios: Os rapaces inscritos na escola municipal de patinaxe(dende o 2º turno).
Saída dende a estación de autobuses, ás 10:00h.

-Mércores, 28 de decembro: XOGOS DO NADAL.
Destinatarios: Todos os rapaces de 2º e 3º de E.I. e 1º de E.P.
Lugar e hora: No Polideportivo Municipal de 11:00 a 13:00h.
Anotarse nas oficinas municipais de 10:00 a 12:00h ou ese mesmo día.

-Xoves, 29 de decembro: XORNADA DE FÚTBOL SALA
Destinatarios: Os rapaces prebenxamíns, benxamíns e alevíns da escola municipal de fútbol sala.
16:00h.-Partido Prebenxamíns
16:50h.-Partido Benxamíns
17:30.-Partido Alevíns
Para o remate o partido do pais.....

-Venres, 30 de decembro: CONCURSO DA MASCOTA DEPORTIVA 2012.
Destinatarios: Todos os rapaces en idade escolar.
Faránse dúas categorías por idades, os gañadores levarán un agasallo e a mascota formará parte dos carteis deportivos durante todo o ano 2012
Lugar e hora: Salón de actos de 11:00 a 12:30h.
Compartir:

Novas por anos: