Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CABO FISTERRA: PATRIMONIO EUROPEO

22-03-2013

O Cabo Fisterra goza da distinción “Patrimonio Europeo”, xunto coa Acrópolis, a Abadía de Cluny ou os astilleiros de Gdansk. O 19 de marzo de 2007, o Cabo Fisterra é un dos 30 bens culturais distinguidos co selo Patrimonio Europeo, creado ese ano pola UE con motivo do 50 aniversario do Tratado de Roma. O selo, que inclúe patrimonio contemporáneo e inmaterial, busca promover aqueles "monumentos, sitios ou lugares de memoria que foron testigos da historia europea".

A ceremonia que distinguiu o antiguo Promontorio Nerio como Patrimonio Europeo tivo lugar no Monasterio de Yuste (Cáceres). Fisterra recibiu o galardón xunto o propio monasterio, a Residencia de Estudiantes de Madrid e o Arquivo Histórico da Coroa de Aragón.

A categoría Patrimonio Europeo foi proposta en abril de 2006 polos ministros de Cultura de España, Francia e Hungría no encontro Europa polo diálogo intercultural, e incorporada a axenda europea un mes despois. O 1 de febreiro de 2007, o Consello de Patrimonio Histórico reduciu a catro as 19 candidaturas autonómicas.

Ministerio de Cultura de España

Comisión Europea
Compartir:

Novas por anos: