Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


EXPOSICIÓN: "A ARTE DO CAMIÑO"

02-05-2016

O vindeiro venres día 6 de Maio, ás 12 da mañá, terá lugar a inauguración da exposición "A Arte do Camiño" da ilustradora Kari Gale no Faro de Fisterra. 

A artista deixou o mundo da empresa despois de 10 anos para tomar un ano e profundar nas dúas cousas que máis lle gustan: debuxar e viaxar.

Recentemente publicou o seu primeiro libro de debuxos "A Arte do Camiño", unha viaxe ilustrada no Camiño de Santiago, documentando cada día do mesmo, e sendo resultado máis de corenta ilustracións en acuarela.

A mostra terá lugar na Sala de Exposicións do Faro de Fisterra dende o día 5 ata o 31 de Maio.

O horario da mesma será de Luns a Domingo de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h.

Persoa de contacto: Kari Gale karimgale@gmail.com

Compartir:

Novas por anos: