Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROGRAMA XUVENTUDE CREA 2017

26-01-2017

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con motivo do programa Xuventude Crea 2017, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel do dito programa.

Participantes:
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o/a gañador/a do premio na edición do ano anterior.

Tema
O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto “Programa Xuventude Crea 2017” así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, teatro e videocreación.
Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.

Lugar e prazo de entrega:
O prazo de admisión das obras estará aberto ata o 28 de febrero de 2017 e poderanse enviar por correo postal a:
Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2017
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela
Igualmente admitirase a entrega da documentación no rexistro do Concello de Fisterra, presentando a solicitude de inscrición para o seu posterior selo de entrada.

Premio
O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá un único premio de 500 euros.

Máis información en: xuventude.xunta.es, no correo electrónico roteiros.ctb@xunta.gal ou na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nos teléfonos 981 541 689, 981 545 702.

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: