Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROGRAMAS DE PRÁCTICAS FUAC

08-05-2018

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) xestiona os Programas de Prácticas que están dirixidos a titulados/as de grao medio e superior de FP, e a estudantes e titulados/as universitarios/as.

Os/as candidatos/as interesados/as deben completar o seu rexistro en http://www.fundacion.udc.es/emplea/ e subir dixitalmente a documentación solicitada. Os candidatos/as poden ser de calquer centro de FP ou universidade española, pero deben ter algún vínculo con Galicia:

  • Ser galego ou fillo de emigrantes galegos
  • Ser residente en Galicia
  • Estar estudando ou ter obtido o título nalgunha institución académica galega

As persoas interesadas teñen a posibilidade de buscar unha empresa para facer as prácticas. A FUAC facilitaralle o apoio que necesiten para formalizar o convenio.

Máis información en:

http://www.fundacion.udc.es/practicas.asp

Tlf.:981 167 000 (ext. 4362,  1006, 2367 ou 4394)

E-mail: fundacion@udec.es

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: