Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


VERÁN TECNOLÓXICO

13-06-2018

O Concello de Fisterra organiza unha serie de cursos de informática e creación de apps para dispositivos móbiles para rapaces e rapazas de 4 a 17 anos nos meses de xullo e agosto.

-Cursos de Informática: Nenos e nenas de 4 (nacidos no 2014) a 13 anos.

  • 1º grupo: Do 2 ó 13 de xullo
  • 2º grupo: Do 16 ó 30 de xullo
  • 3º grupo: Do 6 ó 17 de agosto

En cada grupo haberá tres turnos en horario de mañán (10:00-11:00)-(11:00-12:00)-(12:00-13:00)

Lugar: Aula de Informática Municipal

-Curso de creación de apps para dispositivos móbiles: Rapaces e rapazas de 14 (nacidos no 2004) a 17 anos, empadroados no Concello de Fisterra, do 1 ao 14 de agosto.

Lugar: Sala de usos múltiples situada na planta baixa do Concello.

Inscrición e Información: Do 18 ó 26 de xuño de 9:00 a 14:00h na Aula de Informática Municipal de Fisterra ou no tlf.:981740191.

Nota: Cada persoa pode anotar un máximo de 2 participantes.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: