Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


I CONCURSO FOTOGRÁFICO "CABO FISTERRA: PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO"

08-05-2008

A Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte" , convoca o I Concurso fotográfico "Cabo Fisterra: Patrimonio Cultural Europeo", coas seguintes bases:

-Poderá participar calquera fotógrafo profesional ou afeccionado. As imaxes deberán reflexar os diferentes aspectos turísticos do Concello de Fisterra cun máximo de 3 fotografías por persoa en papel fotográfico convencional en branco e negro ou color.

-As fotografías terán un formato de 30X40 e montadas nun soporte ríxido de 40X50. Sen cristal e sen marco e cun soporte que permita a súa colocación nas paredes dunha sala de exposicións.

-Obras inéditas que non fosen publicadas nin premiadas noutros concursos.

-Ao dorso de cada obra farase constar un seudónimo e o seu título. En sobre pechado figurará no exterior o seudónimo e no interior o título de cada obra, lugar onde se realizou e data, así como os datos persoais do participante: nome e apelidos, dirección, e-mail (se tivese), teléfono e DNI.
Os participante enviarán os seus traballos a: Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte", Travesía de Castelao, 2, 2ºE, 15155 Fisterra (A Coruña), facendo constar no exterior do sobre o título deste concurso.
A asociación de veciños non se responsabilizará das posibles deterioracións das fotografías motivadas pola súa manipulación ou envío.

-O prazo de presentación remata o 30 de agosto de 2008 e establece un 1º premio de 200€, un 2º de 150€ e un 3º de 100€.

-O fallo do xurado, que estará formado por técnicos na materia, darase a coñecer o 8 de setembro de 2008, ás 19:00H, nun local que se anunciará previamente.

-Coas fotografías presentadas realizarase unha exposición os días das Festas Patronais en honor a Virxe do Carmen. As fotos premiadas pasarán a formar parte do arquivo fotográfico da Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte" e o resto poderán ser recollidas o remate da exposición.
Compartir:

Novas por anos: