Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


DIVERSIDARTE-FESTIVAL DAS ARTES INCLUSIVAS

22-07-2019

A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra colabora, xunto coa Asociación Poten100mos, na organización do festival DiversidArte no Camiño dentro do proxecto DiversidArte.
A Asociación Poten100mos seguirá coa súa peregrinaxe especial para visibilizar a diversidade no noso municipio e cuestionar os conceptos de "normalidade" e "igualdade", un dos principais obxectivos da DiversidArte.
Actuará o grupo de expresión corporal que representará "Taigeto, sueños y normalidad" e o grupo "XeRock Percusión", Rock Inclusivo, cunha proposta musical instrumental baseada na percusión.
Participarán ata 15 persoas con diversidade funcional.

Data e hora: Mércores, 24 de xullo ás 18:00h
Lugar: Praza do Concello. No caso de mal tempo será no Salón de Actos do Concello

Compartir:

Novas por anos: