Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


FESTAS PATRONAIS E DO CARME 2019

19-08-2019

Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra organiza para os días 6, 7 e 8 de setembro a celebración das festas Patronais e do Carme de Fisterra. Os actos previstos son os seguintes:

-Venres, 6 de setembro: Día de San Roque

  • Ás 11:00h, procesión polas rúas da vila acompañada pola "banda Desiderio Paz de Fisterra" e a continuación, misa solemne na Igrexa Parroquial de Santa María das Areas.
  • Sesión vermú coa orquestra "Ciclón"
  • Ás 18:00h, na praza da Constitución, para todas as idades, V Campionato Internacional de futbolín Alexandre Fisterra
  • A noite, actuación das orquestras "Ciclón" e "Finisterre" e remate da festa cunha "Discoteca Móvil"

-Sábado, 7 de setembro: Día da Nosa Sra. do Carme. 

  • Ás 10:30h, procesión polas rúas da vila acompañada pola "banda municipal de Cee".
  • A continuación misa solemne na lonxa de Fisterra, onde ó rematar terá lugar a tradicional procesión marítima, e ofrenda polos homes que morreron no mar. "Salve Mariñeira" e "Gran Traca"
  • Sesión vermú coa orquestra "América S.L."
  • Ás 17:00h, pasarrúas e alboradas
  • Ás19:30h, na praza da Constitución, actuación de "Pepe Piña e a banda Con-certo Ritmo". Versións de todos os estilos e épocas, desde Bruce Springsteen aos Ronaldos, pasando por Joaquín Sabina, Joe Cocker, Beatles,..
  • Ao chegar a noite, contaremos coa actuación das orquestras "América S.L." e  "Aramio". E para rematar a festa "Discoteca móvil CDC"

-Domingo, 8 de setembro: Día de Santa María das Areas.

  • Pola mañá pasarrúas e alboradas
  • Ás 11:00h. procesión polas rúas da vila acompañada pola "Banda Municipal de Negreira". Ao chegar ao adro da igrexa, ofrenda á Patroa coa "Danza dos Paus"
  • A continuación misa solemne na igrexa Parroquial Santa María das Areas.
  • Sesión vermú coa orquestra "Xacobeo"
  • Ás 16:30h, na praza da Constitución, xogos para os máis cativos, gran festival infantil
  • A noite, actuación da orquestra "Xacobeo"

Descargas

Compartir:

Novas por anos: