Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES CONTRATACIÓN TÉCNIC@ MUSEO DA PESCA

10-07-2020

Aprobadas as bases para a contratación en réxime laboral eventual por un período de seis (6) meses de duración, a tempo completo dun/ha Técnico/a de Museo para desenvolver tarefas de Atención, Información e Dinamización no Museo da Pesca, dependente do Concello de Fisterra e con cargo á subvención outorgada pola Deputación Provincial.

DURACIÓN: O contrato de traballo será en réxime laboral eventual mediante a modalidade de contrato temporal, a tempo completo por un período de seis meses.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As instancias dirixiranse ao Sr Alcalde do Concello de Fisterra e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, de 9:00 a 14:00 horas, situado na rúa Santa Catalina, 1, 15155 Fisterra, A Coruña, ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de cinco (5) días hábiles ao seguinte ao da súa publicación na páxina web do Concello de Fisterra (www.concellofisterra.gal) e no Taboleiro electrónico (sede.concellofisterra.gal)

Descargas

Compartir:

Novas por anos: