Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Museo da Pesca

Museo da Pesca

Parroquia: Fisterra (Santa María)
Praza de América s/n
15155  Fisterra - A Coruña
Coordenadas:42º 54´ 16.2" N - 9º 15´ 39.0" W
Tel.: 600 965 809
Correo electrónico: turismo@concellofisterra.gal // museodapesca@concellofisterra.gal

HORARIO: PECHADO TEMPORALMENTE

 

Vídeo promocional Museo da Pesca:

https://youtu.be/5l4xj9RiDFQ

Pequeno museo da pesca situado no Castelo de San Carlos, un dos baluartes defensivos da Costa da Morte que se construiu  no século XVIII para protexerse dos corsarios ingleses e franceses. A día de hoxe, alberga un espacio expositivo relacionado coas artes da pesca en Galicia.

O 4 de novembro do 2006 inagurouse esta colección visitábel e contabilizáronse máis de 110.000 persoas as que se achegaron a exposición, moitas delas estranxeiras, case un 20%, principalmente de Italia e Alemaña, pero tamén de Francia, dos Estados Unidos e incluso das antípodas como Australia ou Nova Zelandia pois Fisterra é o confín do mundo, punto final da peregrinaxe do Camiño de Santiago.

Probablemente sexa o museo máis humilde do mundo pero, de seguro, un dos máis queridos polos seus asiduos visitantes que algúns, de tantas veces escoitar as explicacións, son expertos guías, un dos obxectivos primordiais do museo: que a xente o faga seu, que teña vida.

Aquí pódese atopar artes de pesca como as nasas francesas, rañas, poteiras, agullas de atar, a gadaña o gancho, etc  tamén se atopan instrumentos de carpintería de ribeira,... e unhas maquetas en vitrinas con artes como o pincho do congro e as nasas, ou  de redes como as xávegas:

Importantísimos tamén son os trece paneis informativos que describen de maneira breve e concisa a importancia da pesca galega ó traverso da historia. Paneis tan interesantes como as vilas e as casas mariñeiras, artes de pesca, as embarcacións, a conserva tradicional e industria , e os oficios dependentes da pesca:

De aí que este Museo de Fisterra, máis que un lugar de exposición de obxectos, sexa un Centro de Interpretación da Pesca para dignificar o oficio dos que decotío arriscan as súas vidas por traer o peixe a terra.


Texto.- Francisco Manuel López Martínez. Guía Museo da Pesca.

Descargas

Compartir: