Portal de Turismo do Concello de Fisterra


Oferta de Lecer


Oferta de Lecer

BUCEO FINISTERRE

  • Alcalde Fernández, 31 . Fisterra

Centro de buceo e tenda de artigos de pesca.

Centro especializado en Inmersións, Bautizos de Mar e Cursos de Buceo.

Gran reputación entre os buceadores da zona e xente do mar polo seu bo facer e a gran experiencia en realizar inmersións en lugares onde se atopan fundidos barcos de diferentes séculos.

CRUCEROS FISTERRA

  • Puerto Marinero de Fisterra. 15154 - Fisterra

Ofrecen unha experiencia de aproximadamente 1 hora en barco pola espectacular Ría de Corcubión. O barco conta con visión submarina e permite a observación non só dos fondos mariños senon tamén das fermosas praias da zona. Estas espectaculares vistas están acompañadas dun aperitivo con produtos da zona, amosando así a afamada gastronomía galega en xeral e a fisterrá en particular.
 
A viaxe máis demandada e a última da tarde que coincide coas espectaculares posta do sol que grazas a estas saídas se poden ver desde o mar, forma única e excepcional de vivir o final do sol no final do Camiño.

FISTERRA AVENTURA

  • Avda. da Anchoa, 143. 15154 - Fisterra

Empresa que se dedica á organización de rutas guiadas en buggy polas impresionantes paraxes da Costa da Morte.

Ofrecen rutas sempre guiadas, acompañados dun monitor, que velará pola seguridade e actuará como guía, amosándolles os puntos máis interesantes dos percorridos.

Os vehículos son adaptados para percorridos en calquera terreo, dotados de cambio automático, de fácil manexo , cunha conducción moi divertida e limitados en velocidade xa que o que pretenden é dar un paseo e gozar da natureza.

Cada vehículo dispón de dúas prazas e é requisito indispensable para o condutor ser maior de vinte e cinco anos e ter o permiso de conducir B1 en vixencia, non tendoo retirado.

NAUTURFIS

  • Pantalán, s/n . 15155 - Fisterra

Excursións en barco. Precorridos ata a illa A Lobeira, Fisterra e Ézaro dunha forma totalmente diferente.
 
Actividade perfecta para realizar en familia ou con amigos. Todo isto irá acompañado dun bo aperitivo ao máis puro estilo galego e cunha bebida por persoa.
 
NauturFis Turismo Náutico de Fisterra emprega una embarcación de recreo para promocionar a través de rutas e actividades turístico-mariñeiras e pesqueiras na Costa da Morte, así como tamén a posibilidade de poder alquilar o barco.
 
HORARIO DE SALIDAS REGULARES
11:00h | 16.00h | 18:30h | 20:30h

NAVEGA FINISTERRE

  • Rúa da Potiña, 14 . 15155 - Fisterra

Con navega Finisterre poderás facer:
-Paseos en barco coas seguintes Rutas:
* Ruta Gastronómica
* Ruta Peregrina
* Ruta Posta do Sol
* Ruta Mariñeira
-Taximar
* Rutas Lobeiras
* Ruta Ezaro
-Actividades Acuáticas: Kayaks, Lanchas Rápidas....

RUTAS FOTOGRÁFICAS FINISTERRE

  • Alcalde Fernández, 31. 15155 - Fisterra
  • Web
  • T.  608 30 91 59

Empresa dedicada ás rutas fotográficas onde se poderán coñecer paisaxes fascinantes cheas de lendas e mitos. Buscan enclaves onde é difícil poder chegar se non os coñeces.

Compartir: