Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CURSOS DE INFORMÁTICA

19-10-2010

A partir do luns 18 de outubro, os maiores de 18 anos poden inscribirse nos cursos de informática que se levarán a cabo durante o 2010-2011 na aula de informática do Concello de Fisterra.


Os cursos serán de: Introducción a Informática: iniciación e perfeccionamento, Ofimática: nivel usuario e avanzado, Internet e Deseño de páxinas web. O horario de mañán ou de tarde dependendo da demanda. A aula estará aberta a tódolos usuarios de 12:15 a 14:00 de luns a venres.
O longo do ano está previsto a realización de diversos obradoiros de mecanografía, búsqueda de emprego por Internet, creación de blogs, retoque dixital, etc.

Os xoves de 17:00-20:00 os nenos/as de 6 a 12 anos poderán realizar actividades educativas basadas no programa jclic e outros programas educativos previa inscrición do neno/a e a aula estará aberta para prestar apoio os estudantes e persoas que necesiten utilizar un equipo para a realización de traballos ou a búsqueda de información.

Información e inscrición: na aula de informática municipal chamando o 981740191 en horario de 9:00 a 14:00 ou no e-mail:info@concellofisterra.com
Compartir:

Novas por anos: